NOTICIA PUBLICADA EN EL 'EL DIAL (FM)' |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Noticia nº | 110000261 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Sección | Otras | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Comunidad y provincia | España > Nacional* | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Frecuencia/mux | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Emisora | ADJUDICADAS 20 LICENCIAS DE TV | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Noticia | O CONSELLO DA XUNTA ADXUDICA 20 LICENZAS PARA TELEVISIÓNS PRIVADAS DE ÁMBITO LOCAL 26 DE DECEMBRO DE 2014 Quedaron vacantes seis das 26 licenzas que saíron a concurso en xuño deste ano As adxudicatarias acreditaron experiencia e solvencia, ademais de garantir que dispoñen de medios para a explotación da licenza Os criterios de adxudicación valoraron o compromiso de emitir en galego por riba do limiar legal, o fomento do emprego e a viabilidade económica O Consello da Xunta aprobou hoxe a adxudicación de 20 licenzas de emisión para televisións privadas de ámbito local. Resólvese así un concurso que foi convocado en xuño deste ano e ao que se presentaron 41 ofertas por parte de 15 empresas para cubrir as 26 licenzas dispoñibles. Finalmente, seis delas quedaron vacantes, concretamente, nas Pontes, Chantada, Vilalba, Viveiro, O Barco e Verín. Os criterios mínimos que se tiveron en conta para a adxudicación, segundo o establecido na Lei 7/2010, xeral da comunicación audiovisual, son a súa solvencia e os medios de que dispoñen para explotar a licenza. Valorouse asimesmo o compromiso de emitir en galego por riba do limiar mínimo fixado pola lexislación, a viabilidade económica do proxecto, as súas características técnicas, de emisión e de programación, así como o fomento do emprego. Outro aspecto a valorar foi o compromiso de non transmitir a licenza durante un período de tempo superior ao mínimo de dous anos que establece a mencionada lei. Complétase así o proceso que comezou en 2005, cando saíron a concurso as 63 licenzas de prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada e ámbito local de que dispón Galicia. As 26 licenzas convocadas en 2014 corresponden ás 17 que quedaron vacantes en 2006, ás que se engaden outras 5 anuladas no seu día, así como 4 concesións de 2006 ás que renunciaron as empresas concesionarias. Agora, as 20 adxudicatarias teñen seis meses para presentar o seu proxecto técnico, que será revisado pola Administración para verificar que se cumpren todos os requisitos. Unha vez obtido o visto e prace da Xunta, a empresa dispón de 12 meses para desenvolver o proxecto coa execución das obras correspondentes e comezar as emisións. As licenzas outórganse por un período de quince anos, sen prexuízo das posibles renovacións ás que fai referencia a Lei xeral da comunicación audiovisual.
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Colaborador/fuente | Xunta de Galicia vía Carlos Iglesia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Boletín | El Dial [fm] 02/2015 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Fecha | 06.04.2026 03:48:17 |




