BA_AER2022
BA_AER2022
PlayPause
Anterior
Siguiente

Noticia

Por problemas técnicos en nuestra web, no podemos crear un formulario con todos los datos de la notica, por lo que te ofrecemos todos los datos de la misma y te pedimos que, por favor, para mandarnos el comentario o corrección, copies el número de la noticia (a continuación) y lo pegues en la primera casilla del formulario. Gracias por tu comprensión.

Volver atrás

NOTICIA PUBLICADA EN EL 'EL DIAL (FM)'
Noticia nº 110000261
Sección Otras
Comunidad y provincia España > Nacional*
Frecuencia/mux
Emisora ADJUDICADAS 20 LICENCIAS DE TV
Noticia

O CONSELLO DA XUNTA ADXUDICA 20 LICENZAS PARA TELEVISIÓNS PRIVADAS DE ÁMBITO LOCAL

26 DE DECEMBRO DE 2014

Quedaron vacantes seis das 26 licenzas que saíron a concurso en xuño deste ano

As adxudicatarias acreditaron experiencia e solvencia, ademais de garantir que dispoñen de medios para a explotación da licenza

Os criterios de adxudicación valoraron o compromiso de emitir en galego por riba do limiar legal, o fomento do emprego e a viabilidade económica

O Consello da Xunta aprobou hoxe a adxudicación de 20 licenzas de emisión para televisións privadas de ámbito local. Resólvese así un concurso que foi convocado en xuño deste ano e ao que se presentaron 41 ofertas por parte de 15 empresas para cubrir as 26 licenzas dispoñibles. Finalmente, seis delas quedaron vacantes, concretamente, nas Pontes, Chantada, Vilalba, Viveiro, O Barco e Verín.

Os criterios mínimos que se tiveron en conta para a adxudicación, segundo o establecido na Lei 7/2010, xeral da comunicación audiovisual, son a súa solvencia e os medios de que dispoñen para explotar a licenza. Valorouse asimesmo o compromiso de emitir en galego por riba do limiar mínimo fixado pola lexislación, a viabilidade económica do proxecto, as súas características técnicas, de emisión e de programación, así como o fomento do emprego. Outro aspecto a valorar foi o compromiso de non transmitir a licenza durante un período de tempo superior ao mínimo de dous anos que establece a mencionada lei.

Complétase así o proceso que comezou en 2005, cando saíron a concurso as 63 licenzas de prestación de servizos de comunicación audiovisual televisiva de titularidade privada e ámbito local de que dispón Galicia. As 26 licenzas convocadas en 2014 corresponden ás 17 que quedaron vacantes en 2006, ás que se engaden outras 5 anuladas no seu día, así como 4 concesións de 2006 ás que renunciaron as empresas concesionarias.

Agora, as 20 adxudicatarias teñen seis meses para presentar o seu proxecto técnico, que será revisado pola Administración para verificar que se cumpren todos os requisitos. Unha vez obtido o visto e prace da Xunta, a empresa dispón de 12 meses para desenvolver o proxecto coa execución das obras correspondentes e comezar as emisións. As licenzas outórganse por un período de quince anos, sen prexuízo das posibles renovacións ás que fai referencia a Lei xeral da comunicación audiovisual.

DEMARCACIÓN ÁMBITO ADXUDICATARIA
Carballo Carballo, A Laracha, Coristanco, Malpica de Bergantiños, Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Laxe LICENZA 1: ONDA HIT S.L.
Ferrol Ferrol, Narón, Fene, Valdoviño, Neda, Mugardos, Ares e San Sadurniño LICENZA 1:   GUNTIÑAS NUÑEZ LUIS 000504295M-SLNE 
Vimianzo Vimianzo, Cee, Camariñas, Muxía, Zas, Fisterra, Dumbría e Corcubión LICENZA 2:   ANTONIO JORGE CAMPOS
LICENZA 3:  AUDIOVISUALES SOGAVI S.L.U.
As Pontes de García Rodríguez As Pontes de García Rodríguez, Pontedeume, Cabanas, Monfero, A Capela e Muras LICENZA 1:  AUDIOVISUALES SOGAVI S.L.U.
LICENZA 2:    CANAL 26 TV CARBALLIÑO
LICENZA 3:  DESERTA
Chantada Chantada, Taboada e Carballedo LICENZA 2:   MATERIALES ELECTRICOS DISGETEC S.L.
LICENZA 3:  DESERTO
Monforte de Lemos Monforte de Lemos, O Saviñao, Pantón, Sober, A Pobra do Brollón e Bóveda LICENZA 1:     MATERIALES ELECTRICOS DISGETEC S.L.
Vilalba Vilalba, Guitiriz, Castro de Rei, Cospeito, A Pastoriza, Begonte, Abadín e Xermade LICENZA 1:   AUDIOVISUALES SOGAVI S.L.U.
LICENZA 3:  DESERTA
Viveiro Viveiro, Foz, Ribadeo, Burela, Cervo, Xove e Barreiros LICENZA 2:   MATERIALES ELECTRICOS DISGETEC S.L.
LICENZA 3:  DESERTA
O Barco de Valdeorras O Barco de Valdeorras, A Rúa, Vilamartín de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, A Veiga, O Bolo e Petín LICENZA 2:  MATERIALES ELECTRICOS DISGETC S.L.
LICENZA 3: DESERTA
O Carballiño O Carballiño, Boborás, Maside, San Cristovo de Cea, O Irixo, Piñor, Beariz e San Amaro LICENZA 2:   MATERIALES ELECTRICOS DISGETEC S.L.
LICENZA 3:   CANAL 26 TV CARBALLIÑO
Verín Verín, Monterrei, Vilardevós, Cualedro, Riós, Oímbra, Laza e Castrelo do Val LICENZA 2:   MATERIALES ELECTRICOS DISGETEC S.L.
LICENZA 3: DESERTA
Ponteareas Ponteareas, Tui, Salvaterra de Miño, Mondariz e As Neves LICENZA 3:   EUROREXIÓN SINERXIA S.L.
Pontevedra Pontevedra, Marín, Poio, Ponte Caldelas, Vilaboa e Cotobade LICENZA 1:   UNION DE TELEVISIONES GALLEGAS S.A.
LICENZA 2:   TELEVISIÓN MANCOMUNIDADE DO SALNÉS S.L.
LICENZA 3:   VIGO RTV DIGITAL LOCAL S.L.U.
Vilagarcía de Arousa Vilagarcía de Arousa, A Estrada, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis LICENZA 2:   VIGO RTV DIGITAL LOCAL S.L.U.
LICENZA 3:   LIDIA NODAR SUAREZ
Colaborador/fuente Xunta de Galicia vía Carlos Iglesia
Boletín El Dial [fm] 02/2015
Fecha 06.04.2026 02:07:54

 

    FORMULARIO PARA LA CORRECCIÓN O COMENTARIO DE LA NOTICIA

    Noticia nº (requerido)
    *Cópialo de los datos de la noticia*

    Tu nombre (requerido)

    Tu e-mail (requerido)

    Tu corección o comentario

    ACEPTACIONES

    Acepto que la información mandada y el nombre indicado sean publicados en la web y boletines de la AER

    Confirmo que actúo de buena fe y que, por tanto, toda la información aportada es verídica

    VERIFICACIÓN DE SEGURIDAD

    ¿Cuál es la capital de Italia?